27 de xullo de 2019

I TORNEO XADREZ DE SAN ROSENDO

A Asociación Galega de Xadrecistas vai celebrar o seu XXX Aniversario nun lugar emblemático para o xadrez; Celanova, onde estiveron as valiosas pezas de xadrez de San Rosendo. Coa colaboración do Concello de Celanova e o Club Xadrez Celanova presentamos este novo torneo.

O TORNEO É VALIDO PARA ELO FIDE

Nome do Torneo: I TORNEO XADREZ DE SAN ROSENDO

Data: 31 de agosto de 2019.

Lugar: Mosteiro de San Salvador. Celanova.

Ritmo: 10 minutos + 5 segundos de incremento

Horario:
Presentación de xogadores: 16,00 a 16,15 na Sala de Xogo.

1ª Ronda: 16,30
2ª Ronda: 17,10
3ª Ronda: 17,50
4ª Ronda: 18,30
5ª Ronda: 19,10
6ª Ronda: 19,50
ENTREGA DE TROFEOS ÁS 20,30

Premios:
Trofeos para os tres primeiros clasificados da categoría absoluta.
Trofeo para o mellor das restantes categorías.
Agasallo especial para os xogadores anteriormente indicados.
Medalla e libro para todos os participantes.

Categorías:
Absoluta (nados en 2004 ou antes)
Sub 14 (nados en 2005 ou 2006)
Sub 12 (nados en 2007 ou 2008)
Sub 10 (nados en 2009 ou 2010)
Sub 10 (nados en 2009 ou 2010)
Sub 8 (nados en 2011 ou seguintes)

Participantes: Máximo 100.

Inscricións: De balde e abertas ata o xoves 29 de agosto ou cuberto o cupo de inscricións.

Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Listado de inscritos a data de mércores 28.

Lembramos que o domingo temos o I Torneo Arenteiro.

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

16 de xullo de 2019

I TORNEO PAZO DE TOR

A Asociación Galega de Axedrecistas e a Asociación Savilemos organizarán no Pazo de Tor,  Rede Museística da Deputación de Lugo, o  I Torneo de Xadrez Pazo de Tor,
pertencente á

Nome do Torneo: I TORNEO PAZO DE TOR

Data: 27 de xullo de 2019.

Lugar: Pazo de Tor - Monforte

Hora de inicio: 16,30.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,30.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

Premios:

En cada categoría trofeo para o primeiro clasificado.
Agasallo para todos os participantes.

Cota: De balde.

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: a través desta ligazón... PREME