7 de setembro de 2016

Torneos de finais de ano

Para os que queiran facer plans, estas son as datas dos torneos dos que temos información de outubro a decembro de 2016.
Iremos nos vindeiros días engadindo información:

OUTUBRO

7, 8 e 9: Torneo Virxe do Rosario

29 e 30: Torneo Maratón do CIDU

NOVEMBRO

26 e 27: Torneo de Outono, Liga de Outono, Pasapezas

DECEMBRO

6: Torneo Ludo de Semirrápidas

17 e 18: Torneos de Nadal.

XANEIRO

Pendente de confirmar as datas previsibles para o torneo de Reis serían o 7 e 8 de xaneiro.

1 de setembro de 2016

27 anos

O 1 de setembro de 1989 recibimos a aprobación gubernamental para a nosa sociedade. Como coincide co inicio da tempada é a data que mais celebramos. Mais que a fundación en si que foi en xuño.

Empeza a 2016-2017 na que agardamos presentar algunha novidade como consolidar a organización territorial para chegar a diferentes puntos de Galicia.

Grazas a todos os que fan posible a existencia desta entidade ano a ano.

E, de entrada estreamos hoxe conta en twitter. 

Séguenos en @xadrecistas