29 de decembro de 2012

Torneo de Nadal de Xadrez


Cando o Real Club Deportivo converteuse en Sociedade Anónima Deportiva desapareceron as seccións deportivas, quedando como única actividade o fútbol. Unha daquelas era o xadrez, e agora as instalacións do Deportivo volven a recibir unha competición de xadrez.

2 E 3 DE XANEIRO - TORNEO DE NADAL SUB 14
No Playa Club, en Riazor. Torneo en 4 categorías (sub8, sub10, sub12, sub14).
Os dous días haberá partidas ás catro, cinco e seis da tarde.
Premios:
Os tres primeiros de cada categoría recibirán un trofeo e ademais haberá un agasallo para todos os participantes.
Inscripción gratuíta.

Eses mesmos días a continuación da proba sub14 temos un torneo absoluto...

2 E 3 DE XANEIRO - TORNEO DE NADAL
No Playa Club, en Riazor. Torneo en única categoría.
Sistema Suizo a cinco roldas con partidas a 20 minutos por xogador.
Dia 2: Partidas ás 19,00 19,45 e 20,30 e día 3: partidas ás 19,00 e 19,45
Premios:
1º Clasificado: Trofeo + 30 euros
2º Clasificado: Trofeo + 20 euros
3º Clasificado: Trofeo + 10 euros
Inscripción: 3 euros.

LEMBRAMOS QUE ESTA É UNHA BOA OPORTUNIDADE PARA FACERSE SOCIO DE AGAX. HAI DUAS PROBAS COMBINADAS CON PREMIOS.

24 de decembro de 2012

Xadrez no Nadal

Un total de seis probas onformarán o calendario deste ano de Xadrez no Nadal.
Ademais engadirase unha clasificación combinada para os socios de AGAX.
A información dos Torneos iráse actualizando na web de AGAX.

13 de decembro de 2012

Santiago Domínguez gañou o Torneo FischerRandom

O tradicional Torneo que AGAX desenvolve dende 1995 foi gañado por Santiago Domínguez. A clasificación foi a seguinte:

1. Santiago Domínguez
2. Isidro Alfaro
3. Ernesto Pérez
4. Daniel Mayo
5. José M. Andión
6. M. Andión

O premio para o campión foi unha camisola de AGAX e encabezar o circuíto de xogos do curso.