6 de outubro de 2012

CIRCUITO DE SEMIRRAPIDAS AGAX 2012-2013

Hoxe escomeza a temporada en AGAX coa celebración do XVIII Torneo Virxe do Rosario de Xadrez que se desenvolverá no Sporting Club Casino dende as 17,00 horas e do que daremos conta pormenorizada neste espazo.

Para esta temporada temos prevista a realización dun Circuíto de Semirrápidas dende o mes de outubro ao de maio.

Os torneos serán de diversos formatos con partidas entre 15 e 25 minutos, celebrándose un cada mes.

Para participar no circuito será obrigatorio ser socio de AGAX. Os puntos entregados en cada Torneo serán os habituais nos circuitos internos de AGAX, se ben so será tido en conta como número de xogadores o de participantes socios de AGAX.

Tal como se facía hai algunhas temporadas as cotas de inscripción en varios dos torneos serán máis baratas para os membros de AGAX.

Torneos Previstos no Circuito 2012-2013:
Outubro: Torneo Virxe do Rosario
Novembro: Torneo de Outono (data prevista: 24 de novembro)
Decembro: Torneo de Semirrápidas do Club Ludo (datas previstas: 26, 27 e 28 de decembro)
Xaneiro: Torneo Aninovo (data prevista: 4 de xaneiro)
Febreiro: Por determinar
Marzo: Por determinar
Abril: Por determinar
Maio: Torneo XXIV Aniversario de Palaestra

Dos catro primeiros torneos, tres terán premios en metálico e o outro agasallos para tódolos participantes. Os torneos celebrados a partir de febreiro tentarán manterse na mesma liña.

Premios no circuíto:
1º Trofeo + 50
2º Trofeo + 40
3º Trofeo + 30
Camiseta de agasallo a todos os que participen en mais de 4 probas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario