12 de outubro de 2018

TARDE DE PARTIDAS, VENRES 12

Tarde de partidas – Torneo Amigable.

Como actividade previa ao Torneo do Rosario que debe celebrarse este mes.

No que queda de ano tentaremos motivar cada mes unha actividade deste estilo. Algo en plan torneo pero sen tanta formalidade, proba amigable non competitiva. O motivo é que os torneos están suxeitos a unha serie de normas de seguros e demais que non afectan á práctica libre deportiva.

Será no Círculo de Artesanos, de 17,00 a 20,30.

Organizaremos partidas a 15 minutos.

Haberá unha pequena cota de 2 euros por participante.

De balde para os socios de Artesanos e de AGAX.

Libro de agasallo para todos os participantes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario