31 de xaneiro de 2018

Morreu Domingos Merino

Ven de falecer un dos mellores xadrecistas galegos; Domingos Merino, quen ademais foi alcalde da Coruña.
No seu retrato oficial na galería de alcaldes na Casa do Concello figura cun taboleiro de xadrez.
Nos últimos meses AGAX e a familia de Merino contactaron para facer unhas actividades de homenaxe, que deberían celebrarse no mes de xuño.
O noso pésame á familia e amigos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario