6 de decembro de 2015

Bases do I Campionato blitz en liña de AGAX

Bases do I Campionato blitz en liña de AGAX

1. O torneo celebrarase o domingo 13 de decembro de 2015, ás 20:00 horas, na seguinte sala de xadrez en liña de playchess:

http://play.chessbase.com/js/apps/playchess/?room=AGAX

2. O ritmo de xogo será de 5 minutos para toda a partida máis dous segundos de incremento para cada xogada, ou ritmo equivalente.

3. O sistema de xogo será de suizo a 6 roldas. Os sistemas de desempate serán anunciados ao inicio do torneo. En todo caso, a organización resérvase o dereito a cambiar o sistema en función do número de participantes.

4. O torneo é totalmente aberto e gratuito. Poderán participar xogadores de calquera parte do mundo. Para inscribirse haberá que enviar un correo electrónico a santiago.dominguez@agax.org antes do 12 de decembro, cos seguintes datos: nome e apelidos, clube ou cidade de residencia, elo FIDE e nome de usuario en playchess.

5. Unha vez inscritos, os xogadores deberán entrar na devandita sala de xadrez, alomenos 5 minutos antes do inicio do torneo, co usuario co que estean inscritos previamente.

6. Os tres primeiros clasificados do torneo recibirán un trofeo nunha entrega de premios presencial aínda sen determinar, na cidade da Coruña.

7. Os resultados e as normas do servidor de playchess serán inapelables.

8. Todo o non especificado nestas bases acollerase ao criterio da organización.

Ningún comentario:

Publicar un comentario