18 de maio de 2017

Palaestra - Xogos: TORNEO DE XADREZ DE PRIMAVERA

Palaestra - Xogos: TORNEO DE XADREZ DE PRIMAVERA: Nome do Torneo: TORNEO DE XADREZ DE PRIMAVERA Data: 27 de maio de 2017. Lugar : Centro Comercial Los Rosales. A Coruña. Hora de...

29 de decembro de 2016

Walter López, campión de rápidas de AGAX

Walter López gañou o Torneo de Rápidas reservado a socios da entidade. A proba tivo lugar o mércores 28 de decembro ás 19,30 no Centro Universitario de Riazor.
Durante o torneo principiou o reparto do libro 25 anos, 25 partidas editado pola nosa asociación.

28 de decembro de 2016

Torneo de Rápidas para socios

Hoxe mércores 28 teremos o Torneo de Rápidas para socios ás 19,30 no Centro Universitario de Riazor.

Haberá trofeo para o primeiro clasificado.

É de balde para socios e durante este nadal desenvolveremos tamén o torneo de semirrápidas e a Copa AGAX.

Por participar en calquera destes torneos levarás o libro do XXV Aniversario de AGAX.

27 de decembro de 2016

Socio AGAX 2016-2017

Para esta temporada a cota anual segue en 5 euros.

Cota Anual: 5 euros con agasallo do portachaves.

Libro "Guía Práctica do xogador de club" de Santiago Domínguez: 5 euros

Libro "Una partida de Ajedrez" de Zweig, editado por AGAX: 3 euros

Socio, chaveiro e os dous libros: 10 euros

Axuda ao xadrez e participa en Torneos exclusivos para socios.

5 de decembro de 2016

V TORNEO DE NADAL

O sábado 10 de nadal celebraremos a quinta edición do noso Torneo de Xadrez.

Tras a primeira edición no Playa Club e as dúas seguintes no MUNCYT nesta ocasión repetimos no Centro Comercial Los Rosales onde os xogadores de calquera idade, novidade desta edición, poderán disputar as partidas deste torneo.

Toda a información aparece no cartel que acompaña esta nova.

Nome do Torneo: V TORNEO DE NADAL

Data: 10 de decembro de 2015.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.

Hora de inicio: 11,30.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,30.

Sistema de xogo: Suízo a 6 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 20 minutos a finish.

Horario das roldas: 11,30 / 12,15 / 13,00 / 17,00 / 17,45 / 18,30.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

Premios:

En cada categoría:
1º Clasificado: Trofeo.
2º Clasificado: Trofeo.
3º Clasificado: Trofeo.

Todos os participantes recibirán unha medalla e un libro.

Cota: 4 euros.

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos. Os participantes serán consderados socios simpatizantes do Club Deportivo Auténtico.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: deportivoautentico@deporcultura.eu

Hai un límite de participantes de 100 xogadores


9 de outubro de 2016

XXII TORNEO DO ROSARIO

Santiago Domínguez campión da proba.

1 SANTIAGO DOMINGUEZ,    5 8.5 15.0 5 15.0
2 MARCOS MARTINEZ,     4 8.5 15.5 4 13.0
3 DANIEL VALLO,     3.5 7.5 10.5 3 9.5
4 JOSE FERNANDEZ OTERO,     3 10.5 18.0 3 11.0
5 RODRIGO LOPEZ,     3 9.0 15.0 3 11.0
6 JOSE MANUEL MOSQUEIRA,     3 7.5 12.5 3 9.0
7 FRAN PEDREIRA,     3 7.5 12.5 2 9.0
8 MARCOS SANTOS,     2.5 9.5 15.5 2 6.5
9 JAVIER FERNANDEZ,     2.5 8.5 12.0 2 7.5
10 DANIEL CODESIDO,     2.5 7.5 13.5 2 7.5
11 ADRIAN ARTINEZ,     2.5 7.0 12.0 2 6.5
12 NOA GARCIA-MUÑOZ,     2.5 6.5 10.5 2 6.5
13 MANUEL GARCIA,     2 8.0 13.5 2 8.0
14 SILJA MOLIST,     2 5.0 9.0 1 5.5
15 PABLO FURELOS,   0  1.5 6.5 10.5 1 4.0
16 JAVIER NUÑEZ,    1.5 6.0 8.5 1 2.5
17 VERA GARCIA MUÑOZ,     1 7.0 10.0 1 3.0
18 GABRIEL FERNANDEZ,     0 6.5 11.0 0 0.0